Nº Reg. Sanitario: C-15002416
Especialistas na fisioterapia manual

Especialistas na fisioterapia manual en arteixo

Somos os fisioterapeutas que buscas

Fitema é un centro de fisioterapia en Arteixo cuxo principal obxectivo é lograr o benestar do paciente, xa que é a nosa única motivación. Caracterizámonos por ofrecer un tratamento de fisioterapia totalmente personalizado con sesións individuais dirixidas pro un fisioterapeuta profesional.

De feito, dispoñemos de fisioterapeutas cualificados que conta cunha longa traxectoria profesional e experiencia tratando a pacientes con diversas patoloxías. Ademáis, mantémonos en constante formación para así incorporar ao noso campo as últimas técnicas de fisioterapia e mellorar a calidade do servizo prestado.

Centro de fisioterapia en Arteixo
Tratamentos de fisioterapia

Realizamos tratamentos de fisioterapia completos

Na nosa clínica de fisioterapia en Arteixo, tratamos de forma global as diferentes doenzas ou patoloxías, facendo fincapé nas necesidades particulares que presente o paciente para axudarlle a lograr unha maior calidade de vida.

Caracterizámonos por ser un centro de fisioterapia que ofrece un servizo completo en distintas áreas da fisioterapia. Encargámonos de ofrecer sesións fisioterapéuticas de reumatoloxía, traumatoloxía, ortopedia, lesións deportivas ou para embarazadas.

Anagrama Centro Fitema

Descubre as nosas sesións de fisioterapia

Fisioterapia manual

Saber +

Fisioterapia postparto

Saber +

Fisioterapia no embarazo

Saber +

Fisioterapia uroginecolóxica e coloprotolóxica

Saber +

Fisioterapia neurolóxica

Saber +

Atendemos as túas doenzas de maneira totalmente personalizada

O máis importante para o equipo de fisioterapeutas que formamos o equipo de Fitema é a saúde dos nosos pacientes. É por iso que todos os tratamentos que realizamos son personalizados e atenden, unicamente, ás necesidades que presenten cada un deles.

Grazas a que contamos cun equipo multidisciplinar e altamente especializado sempre atoparemos o tratamento de fisioterapia que máis se axuste a ti e á túa molestia.

Tratamentos para a dor

Sigue todas as nosas novidades en redes sociais

Facebook Instagram

Anagrama Centro Fitema

Reserva cita no noso centro de fisioterapia en Arteixo

Infórmache máis sobre as nosas sesións de fisioterapia e todos os seus beneficios. En Fitema, ofrecémosche unha atención personalizada para que consigas os teus obxectivos no menor tempo posible. Preocupámonos pola túa saúde, non dubides en pedir unha cita xa!

Solicitar cita