Nº de Reg. Sanitario: C-15002416

Sesións de fisioterapia adaptadas a ti

Preocupámonos pola túa saúde

En Fitema somos profesionais da fisioterapia, con ampla experiencia e en continua formación, para ofrecer aos nosos pacientes os tratamentos e técnicas de fisioterapia máis avanzados.

Entre os tratamentos que aplicamos aos nosos clientes atópanse:

Fisioterapia en reumatología

Fisioterapia en traumatología

Fisioterapia deportiva

Conoce más nuestras sesiones de fisioterapia

Drenaxe Linfático Manual

É unha técnica especial de masaxe que se utiliza para tratar o sistema linfático superficial, trátase de estimulalo para que se reabsorba con maior facilidade a linfa extravasada. Este tipo de problema dáse con moita frecuencia durante o embarazo (edemas de membros inferiores), despois dunha cirurxía con extirpación de ganglios linfáticos ou tratamento de radioterapia para tratar un tumor (linfedemas), durante a síndrome premenstrual (edemas de nocellos) ou se existen varices.

En caso do tratamento do linfedema tanto de membro superior como de membro inferior tamén se fará unha vendaxe multicapa.

Fisioterapia Respiratoria

Benefícianse da fisioterapia respiratoria, tanto os adultos afectados de EPOC, enfisema pulmonar crónico, asma, post-cirurxía, abdómino-torácica... como os nenos que padecen catarros e mocos frecuentes, bronquiolitis, otitis, asma, pneumonía, fibrose quística...

Os obxectivos principais para a fisioterapia respiratoria son a eliminación de secreciones e mellorar a ventilación pulmonar para así, acurtar os tempos de evolución, diminuír a toma de medicamentos, reducir o número de recaídas e atenuar os danos permanentes na estrutura e a función pulmonais.

Fisioterapia Coloproctolóxica

As persoas que padecen de incontinencia anal a feces e/ou gases, estreñimiento crónico, hemorroides, fisuras anais, algias ano- rectales ou que sufrisen unha cirurxía por algunha enfermidade inflamatoria intestinal como Chron ou Colitis Ulcerosa, beneficiaranse do tratamento de fisioterapia específico para esta zona.

En cada caso, realizarase unha valoración funcional e aplicaranse técnicas como: electroestimulación, biofeedback, técnicas manuais ou ximnasia abdominal hipopresiva. Tamén se farán unhas indicacións nutricionais, coa que conseguirás mellorar en gran medida a túa calidade de vida e sen efectos secundarios.

Fisioterapia Uroginecolóxica

A fisioterapia é unha opción real, rápida e eficaz para o tratamento de múltiples patoloxías relacionadas co chan pélvico e os órganos dos sistemas urinario, xinecolóxico e intestinal feminino.

As patoloxías subsidiarias de tratamento fisioterápico neste campo son entre outras:

  • Hernias vaginales (desprendemento de matriz, vejiga, uretra, recto).
  • Incontinencias urinarias de esforzo (tose, esbirro, risa, levantar un peso...), de urxencia (sensación urxente de ganas de ouriñar e case sen tempo para chegar ao baño), ou mixtas.
  • Infeccións de ouriños de repetición, cistitis intersticial, candidiasis vaginal.
  • Dor pélvico crónico ( neuralgias do pudendo)
  • Vestibulitis, vaginitis.
  • Problemáticas de tipo sexual como anorgasmia ou dispareunia.

Empregaranse técnicas de fisioterapia por exemplo: electroestimulación, biofeedback, vibración vulvar, ximnasia abdominal hipopresiva, reeducación postural, técnicas de manuais de masaxe, articulatorias ou de puntos de gatillo. Ademais, en Fitema darémosche unhas indicacións nutricionais que aumentarán a túa calidade de vida.